Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres menores de 14 e 15 anos, detidos por violar outra menor en Valencia

Tres menores de 14 e 15 anos, detidos por violar outra menor en Valencia

Os menores tamén están acusados dun delito contra a intimidade e de revelación de segredos, xa que presuntamente difundiron as imaxes da agresión sexual

Nos feitos está supostamente implicado outro menor de 13 anos, que é inimputable

G24.gal 25/02/2026 09:35 Última actualización 25/02/2026 09:58

Tres menores de 14 e 15 anos foron detidos como supostos autores da violación doutra menor de 16 anos, uns feitos que ocorreron este luns en Valencia, segundo informou a EFE este mércores a Policía Nacional.

Os menores tamén están acusados dun delito contra a intimidade e de revelación de segredos, xa que presuntamente difundiron as imaxes da agresión sexual.

Axentes do Grupo de Menores (GRUME) da Brigada Provincial da Policía Xudicial de Valencia detiveron o luns pola tarde os menores, un de 15 anos e dous de 14, por uns feitos en que tamén está supostamente implicado outro menor, este de 13 anos, que é inimputable

A Fiscalía de Menores resolveu que os detidos queden en liberdade vixiada coa prohibición de comunicarse ou aproximarse á vítima, confirmaron a EFE fontes do Ministerio Público.

Os menores pasaron á disposición xudicial por orde da Fiscalía de Menores ao día seguinte da súa detención, este martes.

A Policía non precisou máis datos sobre as circunstancias da violación por tratarse de menores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade