Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia exhibe a súa despensa no Salón Gourmets de Madrid

Galicia exhibe a súa despensa no Salón Gourmets de Madrid

Rueda di que os produtos galegos son o mellor reflexo da marca Galicia Calidade

Alfonso Rueda, acompañada da conselleira do Mar e outras autoridades, visitou este mércores o salón en Madrid (EFE/Daniel González)
G24.gal 15/04/2026 15:33

Un bo peixe, ou unha boa carne galega? Son dous dos produtos que se expoñen no Salón Gourmets en Madrid, a maior feira internacional de alimentos e bebida.

Galicia é este ano a protagonista do salón, e exhibe a sua despensa para ampliar mercados. Viños galegos, queixos, mel ou carne e peixe do pais neste escaparate en que Galicia conta con máis de 1000 metros cadrados de expositores.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o salón e destacou a calidade dos noso productos. Asegura que son o mellor exemplo da marca Galicia Calidade.

"Degustando, coñecendo, palpando, entran pola vista tamén... Os nosos produtos da nosa terra e do noso mar", asegurou o presidente.

59 empresas do campo e do mar galegas expoñen os seus mellores produtos. Un escaparate das delicias galegas para o mundo. 

Para comezar peixe directo de Galicia aos mellores restaurantes de Madrid. 

"O peixe sapo e o rodaballo. Gústanos. Témolo na carta e a calidade parécenos incrible", di Serguo Asunción, dono dun restaurante en Madrid.

Tamén carne galega, cunha preparación que sorprende.

"Sacamos unha peza que se colle normalmente para guisar ou estufar, facendo unha técnica de corte especial, quitándolle o tendón, e é unha peza que se fai á grella ou en prancha", explican.

Non falta o punto doce, coas tortas ou as rosquiñas. Ou o mel, que marcha desde Galicia a Australia.

"Encántame, e quero levala a Australia", conta un asistente ao salón.

Por suposto, presenza de relevancia das bebidas galegas. Os nosos viños, por exemplo, viaxan mesmo a países como Bulgaria.

"O viño galego, coas súas propiedades, encántame. Non o hai noutros sitios, non se pode comparar", asegura un visitante.

E canda os produtos tradicionais, tamén os modernos, como o furikake, un condimento de algas con moitos usos. 

"Desde a torrada do almorzo co aguacate, por encima.... Nunha sopa, nun ovo frito...", aseguran no posto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade