Ringleiras nos consulados pola regularización de inmigrantes
Este xoves comeza o prazo para que os inmigrantes irregulares poidan tramitar a súa regularización en España. Un dos requisitos imprescindibles é presentar o certificado de antecedentes. Por iso, a imaxe de longas ringleiras repítese en moitos consulados de todo o país.
Os sindicatos policiais volven criticar este proceso. Aseguran que pode provocar un efecto chamada e tamén un colapso nas unidades de Estranxeiría e Fronteiras.
Tamén en Galicia, en consulados como o de Venezuela, a afluencia está sendo moi intensa. Expide todo tipo de certificados, incluído o de carecer de antecedentes penais. Tamén no do Perú, pero aquí a maioría non queren atender aos medios. Teñen medo porque non teñen papeis. No caso do Perú, ao ser un consulado honorario, algúns trámites non se poden facer. Os interesados teñen que ir a Madrid, Barcelona ou Bilbao.