Publicador de contidos

Publicador de contidos

Matías Vecino: "Confiamos nas nosas posibilidades"

Matías Vecino: "Confiamos nas nosas posibilidades"

A nivel persoal dixo sentirse “moito mellor” despois de estar parado tres semanas pola rotura fibrilar sufrida durante o partido de volta da anterior eliminatoria ante o Olympique de Lión

G24.gal 15/04/2026 17:41 Última actualización 15/04/2026 17:50

O uruguaio Matías Vecino, centrocampista do Celta, dixo este mércores que no vestiario están con “moitas ganas e moita ilusión” de afrontar o partido de mañá contra o Friburgo, correspondente á volta dos cuartos de final de Liga Europa, porque xogan diante da súa afección e séntense capaces de protagonizar unha remonta épica.

“Na nosa casa e sendo o Celta que todos coñecemos, podemos dar volta á situación”, apuntou o de Santo Jacinto (Canelones), quen considera que o celtismo ten “moitas cousas” ás que agarrarse para “crer que mañá vai ser un gran día”.

“Confiamos nas nosas posibilidades. Se somos o Celta que todos coñecemos, porque o mostramos ata hai unha semana, non teño dúbida de que imos dar pelexa”, subliñou durante a súa comparecencia.

Agradeceu o apoio da xente, pero el ve máis importante que sexan os xogadores os que transmitan aos afeccionados “que é posible remontar este resultado”, en alusión ao 3-0 encaixado na ida.

“Necesitamos un equipo que entenda os momentos, que sexa firme nos duelos, que mellore as situacións nas dúas áreas, que é o que nos custou nos últimos dous duelos”, indicou.

A nivel persoal, dixo sentirse “moito mellor” despois de estar parado tres semanas pola rotura fibrilar sufrida no sóleo da súa perna esquerda durante o partido de volta da anterior eliminatoria ante o Olympique de Lión.

 
 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade