Adrián Ben revalida o título de campión de España de 1.500m nunha final espectacular
A xornada matinal deixou tamén o ouro en xavelina da cubana afincada na Coruña Yulenmis Aguilar
Foto: @atletismoRFEA
O galego Adrián Ben revalidou o título nos 1.500 metros dos Campionatos de España de Atletismo que se están a disputar en Málaga. O atleta de Viveiro atacou polo interior para adiantar ós seus rivais e gañar a final nos últimos metros.
Ben rematou a proba cun tempo de 3:47.54, so once centésimas máis rápido que Carlos Sáez. O bronce foi para Mariano García, que marcou un tempo de 3:47.96.
Foto: @atletismoRFEA
A xornada matinal trouxo outra medalla con sabor galego. E é que cubana afincada na Coruña Yulenmis Aguilar proclamouse campioa de España de xavelina. Logrouno cun mellor intento de 59,78 metros. Dominou a proba nos distintos intentos. E xa pon a mente no Europeo de agosto en Birminghan.