Cara e cruz para De la Puente en Wimbledon: triunfo en individual e derrota en dobres
De la Puente e Ruben Spaargaren caeron esta tarde eliminados polo propio número 1 do mundo Oda e o seu compañeiro Gustavo Fernández en dúas mangas (6-1, 6-3)
Pola mañá, o vigués meteuse en semifinais tras vencer a Andrew Penney cun contundente 6-0, 6-1
No cadro de dobres, De la Puente e Ruben Spaargaren caeron eliminados polo propio número 1 do mundo Oda e o seu compañeiro Gustavo Fernández en dúas mangas (6-1, 6-3) e despídense desta modalidade en Wimbledon, na que venceron na úlltima edición.
De la Puente: "Temos que repoñernos do golpe e saber que mañá imos ter outra oportunidade"
Martín de la Puente xogará as semifinais individuais de Wimbledon por terceira vez consecutiva. O vigués venceu nos 1/4 de final a Andrew Penney cun contundente 6-0, 6-1 nun partido que durou 53 minutos e que se disputou na pista 17. De la Puente intentará acadar a súa segunda final neste Grand Slam. A primeira foi no 2024, na que caeu fronte a Alfie Hewett no partido polo campionato.