Hugo González: "O soño é xogar en primeira, estou onde quero estar"
Podería xogar o sábado en Mestalla, ante o Valencia e diante da súa familia e amigos
Hugo González pasou a formar parte de xeito oficial da dinámica do primeiro equipo do Celta. O extremo valenciano dá este salto tras completar unha pretempada espectacular na que se converteu no máximo goleador do conxunto celeste con seis tantos, incluído un memorable hat-trick en apenas catro minutos, convencendo por completo ao corpo técnico.
"O soño é xogar en 1ª, estou onde quero estar".
Formado na canteira do Valencia C. F. e con experiencia en categorías competitivas como a Primeira Federación e a Segunda División, González destaca pola súa velocidade e polo seu descaro no un contra un.
Podería xogar en Mestalla, ante o Valencia e diante da súa familia e amigos.
"Sería bonito poder facelo"
A súa incorporación definitiva supón un salto de calidade para as bandas do conxunto vixués, ofrecendo máis profundidade e gol para romper liñas defensivas pechadas.