Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hat-trick de Hugo González para rescatar ao Celta ante o Sassuolo (1-4)

Hat-trick de Hugo González para rescatar ao Celta ante o Sassuolo (1-4)

O partido ía empatado no minuto 83 ata que chegaron os tres goles de Hugo

Laurienté foi expulsado na segunda metade por un empurrón a Yoel Lago

G24.gal 05/08/2026 21:31

Comezaba moi enchufado o Celta este amigable italiano co Sassuolo. A primeira metade foi celeste e o dominio do balón do Celta apenas posibilitou un disparo a porta do Sassuolo. Nesa superioridade chegaría o primeiro gol, nunha xogada construída dende a defensa. Jutglá intérnase na área, déixalla a Williot e este asiste para Iago Aspas que chegaba só e remata desde o frontal da área no minuto 21. 

Na segunda metade introduciu Claudio os primeiros cambios. Entraron Starfelt e Hugo González por Javi Rodríguez e Ferrán Jutglá. Do descanso saíron máis fortes os locais, que comezaron a ameazar a portería de Ionut Radu con máis perigo que nos primeiros 45 minutos. E así chegaría o gol do empate por medio de Bakola no minuto 57 de partido. Nestes minutos o Celta estaba desaparecido sobre o terreo de xogo e o Sassuolo mesmo puido marcar o segundo, mediante un tiro de novo de Bakola que bateu no longueiro. 

Pero a cousa cambiou coa expulsión no 75 de Laurienté. Cartón vermello para o dianteiro francés por un empurrón a Yoel Lago, logo dunha falta previa con certa dureza do canteirán do Celta. Pouco antes, fixera Giraldez os seguintes cambios, dando entrada a Hugo Gonzalez, Burcio e Antañón. Das botas de Hugo González chegaría a remontada.

Nuns espectaculares cinco minutos finais, Hugo fíxose co partido, metendo tres goles case sen deixar tempo a sacar do medio do campo. 

Resultado final 1-4 para o Celta no primeiro amigable da xira italiana.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade