Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celta e Deportivo, protagonistas este sábado na grella da Televisión de Galicia

Celta e Deportivo, protagonistas este sábado na grella da Televisión de Galicia

O Oviedo - Deportivo (sábado ás 19:30) verase na TVG e podería deixar a estrea de Aubameyang

O Celta xoga en Vilagarcía ás 19:00 (G2) diante do Sporting de Xixón

G24.gal 24/07/2026 13:19

Segunda proba para Claudio Giráldez despois dunha primeira moi satisfactoria diante do Braga. Satisfactoria pola achega de xogadores do Fortuna como Hugo Burcio ou Hugo González, autor dun golazo. Ou polo regreso aos terreos de xogo de Miguel Román cinco meses despois da lesión.

Javi Galán e Hugo Álvarez, coas molestias típicas da preparación, poderían ter descanso. E Ilaix xogar os primeiros minutos nesta pretemporada. Será unha xornada de festa en Vilagarcía, nunha comarca de corazón celeste, e a onde volve o cadro vigués despois de dous anos. Celta - Sporting, ás 19:00 na G2

Ás 19:30, pola Televisión de Galicia, quenda para o segundo encontro do Deportivo. Comezou cunha cita de menos intensidade no Vero Boquete pero o Oviedo, que se presenta diante da súa afección, xa apunta a ser unha proba de máis nivel. Dos novos Gijelhart estreou a súa conta goleadora pero o principal aliciente será ver á fichaxe rutilante para a dianteira onde Aubameyang podería ter os primeiros minutos como deportivista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade