Daniel Chamosa acada o bronce nos 10Km marcha do Campionato de España
Só foi superado por Paul McGrath e Óscar Martínez
Os catro primeiros tempos están entre os nove mellores da historia da proba
@atletismoRFEA
Nos 10.000m marcha masculinos que se disputaron hoxe pola mañá no Campionto de España, Daniel Chamosa obtivo a medalla de bronce. O pontevedrés acadou o terceiro posto cun tempo de 39:22.48, o que é a súa mellor marca persoal.
𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝗰𝗼́𝗻 𝗮𝗹 𝗿𝗮́𝗻𝗸𝗶𝗻𝗴 𝗲𝘀𝗽𝗮𝗻̃𝗼𝗹 𝗱𝗲 𝘀𝗶𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲 𝗲𝗻 𝟭𝟬𝟬𝟬𝟬 𝗺 𝗺𝗮𝗿𝗰𝗵𝗮
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) July 24, 2026
#CEatletismo #Málaga2026 es 🔝@PaulMcGrathinho ⏱️ 38:23.52 (3º siempre)
Óscar Martínez ⏱️ 39:03.58 (5º siempre)
Daniel Chamosa ⏱️ 39:22.48 (8º siempre)
José Manuel Pérez… pic.twitter.com/3lTSe0qRgJ
A carreira foi unha exhibición por parte dos primeiros clasificados. Paul McGrath e Óscar Martínez, que quedaron 1º e 2º, e José Manuel Pérez, 4º a só un segundo de Chamosa, tamén fixeron mellor marca persoal. Os tempos deles catro están entre os 9 mellores da historia da proba.
Ata o domingo 26, o Campionato de España seguirá en disputa. A representación galega buscará acadar máis éxitos como o de hoxe.