Fernando Soriano dá por pechada a dianteira coa chegada de Aubameyang
O director deportivo considera que co dianteiro gabonés, Nsogo e Eddachouri garanten a competencia na zona ofensiva
Dixo estar impactado polo que puideron ver ata o momento do dianteiro que chegou procedente do Olympique de Marsella
O director de fútbol do Deportivo, Fernando Soriano, asegurou este martes que non ficharon ao dianteiro internacional gabonés Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang polo seu nome:
“A semana pasada xa dixen que buscabamos xogadores con experiencia, que soubesen complementar as carencias que tiñamos. Por iso, quero deixar claro que a fichaxe de Aubameyang non é polo nome, nin moito menos. O último que vimos del impactounos gratamente pola súa actitude, fame, entrega en cada partido, momentos defensivos…”
Soriano avanzou que coa chegada de Aubameyang e a presenza de Nsongo Bil e o neerlandés Zakaria a dianteira estaría “pechada” para o curso 2026-27
O director deportivo branquiazul sinalou que a prioridade é reforzar o lateral esquerdo, a pesar de que o canteirán Xabi Campos está a ofrecer “un nivel moi alto” durante a pretemporada, e o centro da defensa.