Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manu Sánchez regresa ao Levante

Manu Sánchez regresa ao Levante

O futbolista do Celta segue os pasos de Hugo Sotelo e marcha cedido

Xa xogou no conxunto 'granota' a tempada pasada

G24.gal 21/07/2026 12:30 Última actualización 21/07/2026 12:56

Celta e Levante oficializan o regreso de Manu Sánchez ao conxunto valenciano. Tras a saída de Hugo Sotelo, Celta e Levante pechan outra operación de saída en forma de cesión. O madrileño disputou 33 encontros cos 'granotas'.

A cesión contará cunha opción de compra, igual que na derrradeira tempada, malia que ningún dos clubes o confirma nos seus comunicados

A próxima operación que está por facer o Celta é a saída de Carlos Dotor. O centrocampista regresará ao Málaga, co que ascendeu a Primeira División sendo un xogador importante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade