Hugo Sotelo é novo futbolista do Levante
Xogará cedido na tempada 2026/27
Existe unha opción de compra de 3M€ polo 50%
Hugo Sotelo coa camisola do Levante (@LevanteUD en X)
Hugo Sotelo xogará no Levante na vindeira tempada. O canteirán do Celta deixa o equipo vigués cedido por unha tempada. O Levante pagará 100.000 euros pola cesión, que contará cunha opción de compra de 3 millóns de euros polo 50% do pase.
Na 2025/26, Sotelo tivo unha tempada de máis a menos. Comezou como titular, mais co paso dos partidos acabou perdendo protagonismo. Desputou 30 partidos repartidos entre Liga, Europa League e Copa do Rei e dou 2 asistencias. O vigués marcha por primeira vez da súa casa en busca de minutos que o consagren coma futbolista de Primeira División.
O Celta segue buscándolles saída aos xogadores que non contan para Claudio Giráldez. Ten encarriladas as voltas de Manu Sánchez ao Levante, como cedido, e de Carlos Dotor ao Málaga.