Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección galega sub-21, campioa de España de volei praia

A selección galega sub-21, campioa de España de volei praia

A parella Aarón Vidal-Víctor López levou o ouro na praia de Las Canteras

Tanto eles coma Álex Prada, o seu adestrador, son do Club Ourense Volei Praia

Víctor López e Álex Prada e Aarón Vidal co título de campións (@voleigalego en Instagram) Víctor López e Álex Prada e Aarón Vidal co título de campións (@voleigalego en Instagram)
G24.gal 21/07/2026 09:54 Última actualización 21/07/2026 12:06

Galicia é campioa española sub-21 de volei praia. A selección conseguiu acadar o campionato desputado en Gran Canaria, na praia de Las Canteras, entre o 17 e o 19 de xullo.

O torneo foi perfecto, xa que o tándem formado por Aarón Vidal e Víctor López, este último xa habitual coa selección española, non cedeu ningún set. Tanto eles coma o seu adestrador, Álex Prada, forman parte do Club Ourense Volei Praia.

A parella, ademais de ser campións neste sub-21, acaba de lograr un meritorio 5º posto na Challenge Beach Volley Cup, proba de tres estrelas no circuíto nacional sénior. Só perderon en semifinais fronte a parella que rematou coma campioa. Todo isto mostra o gran traballo que se está a facer na base tanto dende a Federación Galega de Volei como no Club Ourense Volei Praia.

O próximo obxectivo é o Campionato de España de Clubes, que se desputa do 21 ao 23 de agosto en Lorca.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade