Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Dotor xogará no Málaga na tempada 2026/27

Carlos Dotor xogará no Málaga na tempada 2026/27

Chega cedido e volve ao club co que subiu a Primeira División

A tempada pasada disputou 35 encontros na Segunda División

G24.gal 21/07/2026 14:47 Última actualización 21/07/2026 15:04

Carlos Dotor xogará no Málaga a vindeira tempada. O centrocampista do Celta volverá ao equipo malaguista, co que acadou o ascenso a Primeira División tras derrotar ao Almería no playoff de ascenso. Aportou un gol e 4 asistencias para o equipo de Funes. 

O Celta consegue así unha nova saída, despois das de Manu Sánchez e Hugo Sotelo ao Levante. O equipo vigués segue pendente de atoparlle destino a Unai Núñez, Carles Pérez, Carlos Domínguez e Manu Fernández. Tamén podería saír Iván Villar, xa que o Celta busca un porteiro que lle compita a Radu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar