Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pierre-Emerick Aubameyang asina co Deportivo da Coruña ata 2028

Pierre-Emerick Aubameyang asina co Deportivo da Coruña ata 2028

A pasada temporada xogou no Olympique de Marsella na Ligue 1

Co Olympique xogou tamén en oito encontros de Champions

G24.gal 17/07/2026 23:04

O RC Deportivo incorpora a Pierre-Emerick Aubameyang, que se converte en novo futbolista branquiazul tras asinar até xuño de 2028.

O dianteiro chega procedente do Olympique de Marsella, onde a pasada temporada completou unha destacada campaña. Na Ligue 1 disputou 30 partidos, nos que anotou 10 goles e repartiu 6 asistencias. Ademais, participou en 2 encontros de Copa, cun gol; e en 8 partidos da Liga de Campións, competición na que asinou 3 tantos e 4 asistencias.

Defendeu tamén a camiseta do Arsenal FC, co que disputou 163 encontros e marcou 92 goles; e pasou polo FC Barcelona, onde na temporada 2021-22 sumou 13 goles en 24 partidos.Ao longo da súa carreira tamén militou no Chelsea FC, AS Mónaco, LOSC Lille e AS Saint-Étienne, acumulando unha ampla experiencia nas principais ligas europeas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar