Cargando resultados...
Jensen, aposta firme e de futuro para o ataque do Deportivo
"É o club acaído para o meu estilo" dixo o xogador na súa presentación
O Deportivo adquire os seus servizos en propiedade por uns seis millóns de euros
G24.gal
24/07/2026 13:26
Aterra na Coruña unha das perlas do fútbol nórdico. Jensen é un mediapunta talentoso sen oco no Bayern que amosou a súa calidade no Grasshoppers suízo. Alí fixo nove goles. Ten vinte anos. O Deportivo aposta forte con cinco de contrato.
Intuitivo e versátil, Jensen promete calidade na creación, onde se move en calquera das posicións. Complemento de nivel ou competencia directa para Soriano, Mella e mesmo para Yeremay. Seis millóns de euros paga o Deportivo por este novo valor, internacional nas categorías inferiores da selección de Dinamarca.