Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ares remata de quinta en Getxo e sae da última praza da ACT, agora de Chapela

Ares remata de quinta en Getxo e sae da última praza da ACT, agora de Chapela

A embarcación de Redondela foi a 9ª, nunha primeira quenda da que saíu a vencedora, Urdaibai

G24.gal 26/07/2026 14:53

Precisaba Ares unha regata como a que fixo en Getxo. Pelexou ata o final na súa quenda con Lekeitio e Bermeo ... e acabou asinando un quinto posto. Un resultado que lle permite abandonar por primeira vez na temporada o posto de descenso directo. 
Intercambia a súa posición coa outra traiñeira galega. Chapela pasa a ocupar o último posto malia ser a novena clasificada na xornada do domingo. 

Foi unha fin de semana na que os caprichos do vento e das ondas xogaron un papel decisivo. O sábado, Bermeo foi descualificada por facer mal unha ceavoga. Iso levouno á primeira quenda do domingo e grazas a iso puido conseguir a vitoria, a terceira da temporada.

Tivo que agardar máis dunha hora polo desenlace pero a quenda de honra, na que saían os outros favoritos, viu como subía a intensidade do vento. Ziérbena e Orio sufriron as consecuencias ... e Bermeo pasou da carraxe aos festexos.  
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade