Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bo tempo anima a facer deporte ao aire libre que ten numerosos beneficios para a saúde

O bo tempo anima a facer deporte ao aire libre que ten numerosos beneficios para a saúde

Facer deporte en espazos naturais aumenta a vitalidade e mellora a autoestima e aquí en Galicia vén moi ben para ter baixo control os niveis de vitamina D

O deporte ao aire libre mellora a saúde física, mental e social, menos estrés e máis enerxía 

G24.gal 23/02/2026 14:25

Son numerosos os beneficios de exercitarse no exterior, pero, se por riba o facemos sobre un monumento bimilenario, deixamos de contalos. En Lugo, co bo tempo o adarve da muralla énchese de camiñantes e corredores. Pasear pola muralla despexa a mente, calma e relaxa.

"É unha marabilla pasear pola muralla", di unha muller, outra engade: "eu teño controlado o tempo e sei que unha volta son vinte minutos".

Facer deporte en espazos naturais aumenta a vitalidade e queima máis calorías que en espazos pechados. O corpo ten que adaptarse a terreos máis irregulares e hai máis esforzo metabólico. 

"Estar na natureza dáme paz, escoitar os paxaros, non oír os coches", di unha muller; un home comenta: "A paisaxe, o son do río, fai que respires mellor".

En Galicia tamén axuda a ter baixo control os nosos niveis de vitamina D. O deporte no exterior mellora a nosa saúde física, mental e social. Menos estrés, máis enerxía e tamén menos abandono. Os que se exercitan no exterior son máis constantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade