"A xente está moi mal": as vítimas da dina comparecen nas Corts Valencianas
Lamentan a falta de axuda por parte das administracións e tamén a carga psicolóxica que arrastran as familias
482 días despois, as vítimas da dina comparecen na comisión de investigación das Corts Valencianas. Lamentan a falta de axuda por parte das administracións e tamén a carga psicolóxica que arrastran as familias.
"A xente está moi mal". Quen o di é Alex Carabal, presidente da Asociación de damnificados Horta Sud. Lembra que moitos cidadáns tiveron que estar buscando aos seus familiares desaparecidos. E algúns o que atoparon foron os cadáveres. A situación aínda é complicada porque as cousas seguen sen funcionar. "Non hai ascensores, a xente maior non pode sair á rúa".
Carabal denuncia a falta de axuda das administracións durante aqueles días. E lamenta que Carlos Mazón, para el o principal responsable, siga aforado e non se prestara voluntariamente para declarar nos xulgados.