Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas 5 persoas e intervida heroína e cocaína ao desarticular un punto de venda en Vilagarcía de Arousa

Detidas 5 persoas e intervida heroína e cocaína ao desarticular un punto de venda en Vilagarcía de Arousa

A policía salienta que a colaboración cidadá foi decisiva na operación

Houbo cinco rexistros en Vilagarcía e Vilanova de Arousa

Policía Nacional Policía Nacional
G24.gal 15/04/2026 19:47 Última actualización 16/04/2026 12:31

A Policía Nacional detivo cinco persoas -catro homes e unha muller- e interveu heroína e cocaína ao desarticular un punto de venda de substancias estupefacientes no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

Segundo informou o corpo policial nun comunicado, os axentes realizaron durante varias semanas dispositivos de investigación que deron lugar á detención, na xornada deste mércores, de tres persoas na localidade de Vilagarcía e a dúas en Vilanova de Arousa, e tamén a realización de cinco rexistros domiciliarios.

En dous dos rexistros, os axentes incautáronse de 600 gramos de heroína, 625 gramos de cocaína e 150 gramos de mestura de heroína e cocaína, e tamén de diñeiro en efectivo e diversos útiles para a venda de substancias estupefacientes.

As investigacións comezaron por mor da colaboración cidadá, que facilitou información inicial e tivo como resultado a desarticulación dun punto negro de venda de estupefacientes.

No operativo policial participaron a UPR adscrita á Comisaría Local de Vigo e a Unidade Especial de Guías Caninos da Xefatura Superior de Galicia.

Pola súa banda, as persoas detidas foron postas ao dispor do Tribunal de Instancia Sección de Instrución Praza número 1 de Vilagarcía de Arousa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos