Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda: "O novo plan de financiamento univesitario terá o maior orzamento da historia"

Rueda: "O novo plan de financiamento univesitario terá o maior orzamento da historia"

Alfonso Rueda lembrou durante a apertura do curso académico en Vigo que o actual plan está mobilizando máis de 3.200 millóns de euros

O presidente reivindicou a aposta da Xunta por facer o ensino superior máis accesible, con medidas como a matrícula gratuíta por terceiro curso, unha axuda da que xa se beneficiaron uns 30.000 estudantes

O presidente da Xunta e os reitores das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, durante o acto de apertura do curso ( EFE/Salvador Sas)
G24.gal 08/09/2026 16:10

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanza que o seu executivo está traballando, co obxectivo de aprobalo o próximo ano, no plan de financiamento universitario 2028-2032.

Durante o acto de apertura do novo curso académico, celebrado no campus de Vigo, o xefe do Goberno galego afirmou que as tres universidades galegas "contarán co presuposto máis alto da historia da comunidade".

Antes del, interveu a reitora da Universidade de Vigo, Carmen García Mateo -que leva menos de tres meses no cargo-, que salientou tres retos aos que se enfronta a universidade: axustar a oferta e a demanda de titulacións, reducir o absentismo entre o alumnado e acordar un novo plan de financiamento.

"Pídolle (ao presidente da Xunta) que o novo plan sexa suficiente, estable e ambicioso. Non lle pedimos un privilexio, pedimos investimento no talento da nosa xente", afirmou Carmen García Mateo.

Alfonso Rueda lembrou que o actual plan está mobilizando máis de 3.200 millóns de euros, o que implica, explicou, un investimento diario duns 1,5 millóns nas tres universidades públicas.

O presidente reivindicou a aposta da Xunta por facer o ensino superior máis accesible, con medidas como a matrícula gratuíta por terceiro curso, unha axuda da que xa se beneficiaron uns 30.000 estudantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade