Dous cans atacan cabalos, ovellas e matan galiñas na parroquia pontevedresa de Alba
Dous cans soltos que escapan do seu predio sementan o caos na aldea de Guxilde
Din os veciños que Guxilde, na parroquia pontevedresa de Alba, é un lugar tranquilo, pero a calma vese alterada con demasiada frecuencia pola presenza de dous cans soltos que foxen do predio dos seus donos, que residen nesta casa, e sementan o caos na aldea.
Cóntannos que xa mataron varias galiñas, atacaron cabalos e ovellas. Algunha mesmo desapareceu e temen que a mataran.
Hai so uns dias os cans entraron no predio dun veciño. Por sorte acababa de gardar o rabaño. Temen que calquera día teñan que lamentar algo máis grave. Que ataquen os nenos ou provoquen un accidente poque pola zona pasan moitos ciclistas.
Malia que denunciaron e avisaron os donos, aseguran que non lle poñen remedio. Piden que tomen o asunto en serio e o solucionen.
A dona dos cans restoulle importancia ás queixas dos veciños. Explicounos que os animais están na sua propiedade, que está pechada pero saltan o cercado.