Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do centro de Lugo están fartos do ruído e o lixo que xera o botellón

Veciños do centro de Lugo están fartos do ruído e o lixo que xera o botellón

 

Unha comunidade de veciños da Rúa Nova de Lugo urxe unha solución para rematar co lixo e o ruído que padecen en plena zona de viños 

Cada noite de festa o botellón invade a galería de acceso ao portal polo que piden que lles deixen colocar un enreixado na entrada ​​​

O botellón enche de lixo, ouriños e pintadas esta galería do centro de Lugo que os veciños piden pechar cun enreixado
G24.gal 14/09/2026 14:09

No edificio situado nunha galeria da Rúa Nova o lixo, os ouriños e a sucidade invaden cada noite de festa o corredor de acceso ao portal, rodeado de locais de hostalería.

"Os veciños subliñan a dificultade de "acceder ao noso portal venres, sábado e domingo, e xoves, incluso as veces os mércores". Quéixanse do "ruído e a xente amoreada, con bolsas, con botellas, con vasos. Ouriños, outras cousas". Incluso das paredes pintadas "agora conseguimos que un equipo profesional de grafittis pinte uns debuxos e polo menos vemos a galería máis decorada".

 

A rapazada dificulta a entrada ás vivendas. Os residentes denuncian inseguridade e o incumprimento dos horarios da hostaleria. 

 

"As terrazas están ata as mil cincocentas porque ademáis deixan instaladas as mesas e cadeiras".

"Aquí non se podía entrar. Eu pra meter a chave no portal por riba das cabezas da xente, pedindo por favor que me deixaran entrrar na miña casa".

"Non hai máis que suciedade, vómitos ata o máis horrible. E tamén temos inseguridade. Últimamente instalamos cámaras pero nin con esas" 

 

Piden que lles deixen instalar un enreixado automático que polo de agora non lles autorizan por carecer de saída de emerxencia.

 

"A situación é complicada porque non nos deixan facer nada".

"Ese enreixado ábrese automáticamente incluso se falla a luz, se hai un incendio ou calquera problema, pero de fóra a dentro non se pode abrir".

 

Agardan pola resposta do Concello de Lugo e tamén da Valedora do Pobo á que xa pediron amparo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade