Ameazan un veciño de Tordoia tras denunciar a presenza de coches aparcados na beirarrúa
Reclama medidas de seguridade viaria no Petón e non lle dan solución
Xa acudiu á Valedora do Pobo, que recomendou que se actuase para acabar coa situación de perigo
Míquel chegou ao Petón hai meses coa muller e coas dúas fillas. Desde o primeiro, sorprendeuse ao ver as beirarúas con coches aparcados, o que obrigaba a camiñar pola estrada. Entón decidiu tomar medidas.
"Presentei un escrito no Concello, que non contestou. Presentei un escrito na Valedora e fíxolles un requirimento que non contestaron tampouco. Pasou o prazo o 21 de agosto e non contestaron".
Tamén solicitou un paso de peóns nesta zona, onde os coches adoitan pasar rápido. "As miñas fillas teñen que cruzar sen paso de peóns para coller o autobús con coches a alta velocidade. A Deputación di que, se non hai un mínimo de peóns cruzando por hora, non procede instalalo e o Concello, que non é competencia súa".
Tras reclamar medidas para mellorar a seguridade viairia, Miquel di que recibiu amaezas.
"Primeiro escoitei que eu era o que avisaba a Garda Civil, pero estou acostumado a escoitar comentarios indirectos e seguín andando. Logo xa escoitei: 'A ese custa 5.000 euros matalo'. Parei na porta do bar e preguntei de quen falaba e díxome que dun colombiano, como entre risas, burlándose".
Míquel asegura que seguirá loitando por mellorar a seguridade. Xa acudiu á Valedora do Pobo, que recomendou que se tomasen medidas para acabar coa situación de perigo.