Cargando resultados...
Nace unha academia para aprender caligrafía en Lugo
A profesora, María Vila, di que a arte de escribir a man é "un xeito de vida"
G24.gal
18/01/2026 08:17
Última actualización 18/01/2026 11:14
María Vila comezou coa caligrafía con 25 anos. Licenciada en Dereito, foise metendo progresivamente no mundo do debuxo das letras, unha arte que, segundo nos conta, agora é a súa vida.
Para ela a caligrafía é sinónimo de entretemento e felicidade, motivo polo que foi afondando nela ao longo dos anos. Agora dedícase profesionalmente ao debuxo das letras e acaba de abrir unha academia na que ofrece pasantías a menores e adultos para que aprendan caligrafía.