Publicador de contidos

Publicador de contidos

Redondela, un museo ao aire libre onde as obras de arte están feitas con lixo reciclado

Redondela, un museo ao aire libre onde as obras de arte están feitas con lixo reciclado

As rúas e as prazas de Redondela son, desde esta fin de semana, un museo ao aire libre onde todas as pezas artísticas están feitas con material reciclado

"Artelixo" leva axitando a conciencia ecoloxista desde hai dezaoito anos e nesta edición, baixo o lema "Ata aquí chegaba o mar", repara na pegada impactante do ser humano na Ría de Vigo  

G24.gal 29/03/2026 07:57 Última actualización 29/03/2026 10:35

Antes de que nos anos sesenta lle roubaran o espazo ao mar, a Ría de Vigo chegaba ata as portas de Redondela. Por iso este ano o lema de Artelixo é "Ata aquí chegaba o mar" e as obras expostas na rúa están feitas co lixo que os humanos tiran nos portos, nos areais...   A obra, "Maio de día, faro de noite", recicla lixo recollido no Valmiñor. Arte reciclada para pensar no mal que tratamos o planeta.

"Xerar conciencia da cantidade de residuos cos que podemos gozar, por exemplo, traballando nunha obra como esta. Pero ademáis queremos representar un faro, que agora mesmo, con estos tempos tan convulsos, queremos dar un pouco de luz ou de esperanza a unha cantidade de pobos oprimidos", conta á TVG, Andrea Borda coautora da obra "Maio de día, faro de noite".

"Porque a xente cando se para, todo o mundo di : ¿eso é collido na praia? Pois mira que as praias está sucias...convértese no tema da conversa. Porque ás veces temos outras conversas, non todo o mundo, pero ha xente que non fala tanto desto. Pero vas paseando por aquí, vas vendo esto e o tema vai ser o lixo, vai ser a ecoloxía, vai ser como está o mar", explica Mamer Santos, coautora tamén da obra "Maio de día, faro de noite"

"Por suposto a arte por si mesma non chega e non vai cambiar totalmente a cousas. Pero a arte acompaña as conciencias. A arte si fai reflexionar a xente, e aquí en artelixo ao pobo, aos colexios, a un montón de asociacións", matiza Fran Larri, de Artelixo

Artelixo é un certame moi especial, aquí non hai premios, nin comité de selección, nin comisarios nin sequera a conta exacta das pezas. Segue sendo como naceu, unha mostra ao aire libre feita de ciscallos para azuar as conciencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade