Cargando resultados...
Neuroloxía do CHUO traballa nunha aplicación para a detección precoz do alzhéimer
A ferramenta está pensada para que os médicos de Atención Primaria identifiquen estes casos de forma máis rápida e precisa
G24.gal
03/11/2025 17:12
Por riba dos 65 anos o número de casos de alzhéimer increméntase de xeito exponencial, chegando a afectar un de cada tres maiores de 85. Un diagnóstico precoz é fundamental para acceder ao tratamento que demore a enfermidade.
Para axudar a ese diagnóstico precoz nunha poboación especialmente envellecida e dispersa como a de Ourense, o Servizo de Neuroloxía do CHUO está a traballar nun asistente virtual, Nuerasvi, que permitiría aos médicos de Atención Primaria detectar a doenza a través de probas interactivas.