Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empachados de aplicacións: cantas temos no teléfono e cantas realmente necesitamos?

Empachados de aplicacións: cantas temos no teléfono e cantas realmente necesitamos?

Algúns cálculos estiman que existen ata catro ou cinco millóns destes programas

Os especialistas advirten sobre o risco de aceptar permisos para acceder a datos sensibles

G24.gal 23/04/2026 15:33

Serven para pagar un café, para o médico ou ata para buscar un tractor. Existen millóns de aplicacións e cada día créanse máis. Estes programas convertéronse nunha ferramenta habitual no comercio, no transporte e, por suposto, nas comunicacións.

Pero a realidade é que a miúdo instalamos app que, se cadra, necesitamos para un uso concreto e que non volvemos utilizar despois. Ao final, van quedando nos dispositivos.

"Eu teño cen. Eu oitenta e sete. Entre sesenta e setenta. Eu cento vinte e oito. Eu ando tamén por aí, cento vinte e oito ou cento trinta. Eu sesenta e cinco", conta un grupo de mozos aos que lles preguntamos cantas aplicacións teñen instaladas nos seus teléfonos.

Como saber cantas son? Contando as que veñen por defecto nos aparellos e as que imos baixando para diferentes necesidades, poden ser moitas. Varias decenas, centos, incluso. O xeito máis sinxelo é botar unha ollada nos axustes do dispositivo, un reconto que ás veces sorprende.

"Eu teño aplicacións que desactivo, quito, quedan no lixo... Buf... moitísimas!", explica outro home ,que acaba de descubrir que leva 234 no seu móbil.

Datos persoais

Algúns cálculos estiman que existen entre tres e catro millóns de aplicacións activas no mundo. Outros elevan a cifra bastante máis. E os profesionais advirten dun risco: moitos destes programas esixen permisos para acceder a datos persoais. Se o aceptamos sen fixarnos demasiado, pode acabar sendo un problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar