Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento aproba que se poidan contratar máis sanitarios en prazas de difícil cobertura

O Parlamento aproba que se poidan contratar máis sanitarios en prazas de difícil cobertura

O Parlamento ratifica coa abstención de BNG e PSdeG o ditame sobre a discapacidade

Foto de arquivo - Parlamento
G24.gal 07/07/2026 09:06 Última actualización 07/07/2026 20:19

O Parlamento de Galicia aprobou que se poidan contratar máis sanitarios en áreas e especialidades de difícil cobertura, como as urxencias de Ourense. Saíu adiante co voto a favor do PP, a abstención do PSdeG e o voto en contra do Bloque Nacionalista Galego. 

Ademais, o Parlamento aprobou tamén este martes tras máis de dez anos, e coa abstención de BNG e PSdeG, o ditame elaborado pola Comisión non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade e a elaboración de novas propostas a favor da integración das persoas con discapacidade.

Tanto Olalla Rodil (BNG) como Silvia Longueira (PSdeG) defenderon no pleno do Parlamento senllos votos particulares, xa que consideran que o texto final saído da comisión é "insuficiente", motivo polo que se abstiveron.

Todas as que inteviñeron no debate agradeceron e recoñeceron o papel das entidades do denominado terceiro sector, moitos de cuxos representantes asistiron ao pleno desde a tribuna de invitados.

Carmen Pomar (PPdeGalicia) destacou que xa desde o preámbulo o ditame recoñece de xeito expresa que a atención á discapacidade e a inclusión é un "problema colectivo" e non individual, que apela a toda a sociedade, polo que é de xustiza atendelo e solucionalo.

Segundo Pomar, o ditame rompe cunha visión asistencialista da dependencia e recoñece a inclusión como un dereito e non como un favor.

Acaba deste xeito a longa espera das familias e das asociacións que viron como o debate prorrogouse no Parlamento desde hai doce anos e faio, ademais, "sen caer no triunfalismo", defendeu a deputada do PPdeGalicia, que agradeceu as achegas tanto das entidades do terceiro sector como dos grupos da oposición e dos deputados das lexislaturas anteriores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade