Cargando resultados...
Investigan a morte dun mariñeiro galego en Fiji
Faleceu nun accidente mentres traballaba na sala de máquinas
G24.gal
31/10/2025 19:47
Investigan a morte dun mariñeiro galego en Fiji. O tripulante, de 40 anos e oriúndo do Morrazo, faleceu nun accidente mentres traballaba na sala de máquinas do HELENA NDUME.
O palangreiro, de bandeira namibia, estaba atracado no porto de Suva, a capital do país. Segundo medios locais, a principal hipótese do accidente foi unha explosión de gas. O corpo do mariñeiro foi trasladado a un hospital da cidade, onde se lle vai practicar a autopsia.