Publicador de contidos

Publicador de contidos

A piscina natural de Tenerife en que morreron catro persoas estaba precintada e valada por perigo de ondada

A piscina natural de Tenerife en que morreron catro persoas estaba precintada e valada por perigo de ondada

Con todo, moitas persoas, sobre todo turistas, saltáronse a prohibición de acceso, malia que, ademais, os carteis que presiden a entrada da piscina natural indican con claridade o risco

Segue activo o dispositivo para atopar outra persoa que caeu o mar

Entre os falecidos hai dúas persoas de nacionalidade romanesa e unha eslovaca

Imaxe do acceso á piscina, con carteis que avisan do perigo Imaxe do acceso á piscina, con carteis que avisan do perigo
G24.gal 08/12/2025 11:57

A piscina natural Isla Cangrexo, nos Xigantes (Tenerife), onde un golpe de mar ocasionou este domingo catro mortos e un desaparecido, estaba precintada polo perigo da ondada desde que o venres o Gobierno de Canarias declarou unha prealerta por fenómenos costeiros adversos.

Con todo, moitas persoas, sobre todo turistas, saltáronse a prohibición de acceso, declarou a EFE o alcalde de Santiago del Teide, Emilio Navarro.

Ademais de estar pechada nesta ocasión, os carteis que presiden a entrada da piscina natural indican con claridade ese risco, en español, inglés e alemán -'Información importante para a súa seguridade: zona perigosa en situación de forte ondada'- xunto a tres fotos que ilustran como unha onda pode arrasar con toda a piscina.

Navarro mostrou a súa consternación por este suceso e anunciou que o Concello decretou tres días de loito oficial.

Explicou que na tarde do domingo había unhas 20 persoas no lugar, de varias nacionalidades, tamén españois peninsulares, todos eles turistas.

A prealerta xa advertía de que se esperaban ondas de dous a tres metros, especialmente perigosas durante a preamar (que neste caso, foi unha hora antes do accidente).

"O mar empeza a advertir, póñense ao bordo do muro, vén unha onda, parece que non pasa nada", pero ocorre, lamentou.

A difusión de imaxes deste lugar a través das redes sociais é un dos factores que atraen aos turistas á piscina natural, mesmo cando está pechada. Son sobre todo visitantes, porque os locais son moito máis conscientes do perigo, explicou Emilio Navarro.

Entre os falecidos hai dúas persoas de nacionalidade romanesa e unha eslovaca, indicou, aínda que precisou que é a información que el ten, non a información oficial.

"Lamentamos moito este desgraciado accidente, entendemos a dor das familias e a súa situación, desde o Concello facemos todo o traballo de precinto e información", explicou Navarro.

O alcalde confirmou que no lugar sempre hai carteis de advertencia do perigo e que se atopaba precintado e valado como sempre que hai alertas de fenómenos costeiros, pero moitas persoas "fan panca e arrástranse por baixo dos valos" para acceder.

Segue o dispositivo

Tras o rescate destas cinco persoas, activouse un dispositivo de procura dunha sexta, que previsiblemente tamén caeu ao mar. Este dispositivo atópase activo durante este luns e no mesmo participa a Garda Civil co seu servizo marítimo e os GEAS, así como Salvamento Marítimo cunha salvamar e un helimer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade