Cargando resultados...
O accidente dun camión obrigou a cortar un carril do periférico en Santiago
O trailer fixo tesoura e quedou atravesado na vía
O sinistro produciuse á altura da entrada ao polígono de Costa Vella, dirección Compostela
G24.gal
25/02/2026 08:41
Circulación complicada a primeira hora da mañá deste mércores en Compostela por mor do accidente dun camión á altura do polígono de Costa Vella, no periférico. O tráiler fixo tesoura por causas descoñecidas e quedou atravesado na vía.
O tráfico permaneceu cortado nun dos carrís, en dirección Santiago. A Garda Civil regula a circulación na zona.