Un traballador dunha empresa de produtos químicos de Forcarei sofre queimaduras nun incendio
Tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061
Imaxe da empresa afectada, no polígono David Raposeiras (TVG)
O incendio rexistrado na tarde deste luns nunha empresa de produtos químicos do polígono David Raposeiras, en Forcarei, provocou que un traballador quedase ferido con queimaduras.
Tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
🔴 #AXEGAInforma dun traballador ferido con queimaduras nun incendio nunha empresa de fabricación de produtos químicos en Forcarei.
— 112 Galicia (@112Galicia) February 23, 2026
📍 Polígono David Raposeiras, Ventoxo.
➡️ Evacuado ao CHUAC nun helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
(1/2) pic.twitter.com/Fum2CbdRWK
O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 15.15 horas deste luns a través da chamada dun particular.
Ata o lugar dos feitos, o parque empresarial David Raposeiras, mobilizáronse os medios de extinción necesarios para apagar o lume.
O incendio está xa controlado e os labores céntranse en ventilar a zona.
Ademais das urxencias sanitarias, no punto traballaron os bombeiros de Silleda, do Carballiño, a Garda Civil e o GES da Estrada. Tamén interviñeron medios propios da empresa.