Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda asegura que co arquivo do proxecto de Altri "hai un claro perdedor: Galicia e o seu futuro"

Rueda asegura que co arquivo do proxecto de Altri "hai un claro perdedor: Galicia e o seu futuro"

A oposición esíxelle ao presidente que faga público o "acordo secreto" pechado entre a Xunta e a pasteira

O presidente di que o seu Goberno dobrou os fondos ás corporacións locais ante as críticas de Besteiro, que o acusa de non respetar a autonomía local e "agredir" os concellos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, responde as preguntas dos grupos durante o pleno do Parlamento este mércores (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 25/02/2026 08:32

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que co arquivo do proxecto de Altri en Palas de Rei por falta de conexión eléctrica "hai un claro perdedor: Galicia e o seu futuro".

O xefe do executivo galego repróchalle á oposicion "que queiran colgar a medalliña" por unha decisión que prexudica a toda a provincia de Lugo e engade: "Que lle van dicir á xente que quere traballar en proxectos industriais en Galicia".

Foi na primeira sesión de control ao Goberno celebrada no Parlamento tras o carpetazo ao proxecto estrela de Altri.

A oposición pídelle á Xunta que "desclasifique" os acordos secretos de Altri

No pleno, socialistas e nacionalistas esixíronlle a Rueda que "desclasifique" os documentos onde figura o "acordo secreto" asinado en outubro de 2021 entre a Xunta e a pasteira lusa.

A líder do BNG, Ana Pontón, afirma que os galegos e galegas tiveron "unha gran vitoria pechando a bomba ambiental de Altri e derrotando a un presidente que non é capaz de escoitalos".

Pontón insta a Rueda a entregar no Parlamento o "vergoñoso acordo secreto" coa multinacional portuguesa, da que cre que actuou como "comercial" desde a Xunta.

Tamén o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro, reclamou a Rueda que "desclasifique os papeis de Altri"e advertiulle que "as súas desgrazas non levan o apelido de Sánchez, senón de Feijóo" porque "a súa herdanza lastra a súa xestión".

O presidente afirma que co arquivo deste proxecto, quen perde é Galicia.

Besteiro acusa a Rueda de "violentar as armas municipais e saquear as contas dos concellos"

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gómez Besteiro, centrou a súa intervención no financiamento das entidades locais. Acusa a Xunta de "agredir" a autonomía local e "saquear as contas" municipais, asumindo competiencias impropias e asfixiando as súas arcas públicas.

O presidente Rueda négao e afirna que Galicia que os fondos que a Xunta dedica os concellos incrementáronse nun 50 %.

En materia de vivenda, Besteiro acusa o presidente de non facer nada por solucionar o problema dos galegos e galega para acceder a unha vivenda e afirma que a día de hoxe hai 29.800 persoas inscritas no rexistro de demandantes da Xunta, 667 máis que hai quince días e o dobre que cando arrincou a lexislatura.

Rueda retruca asegurando que, malia as promesas, o Goberno central "non fixo nin a primeira vivenda en Galicia".

No pleno aprobouse unha declaración institucional co gallo do Día Mundial das Enfermidades Raras que se celebra o sábado 28 deste mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade