Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fixan para o 1 de xuño o comezo do xuízo polo asasinato de Yoel Quispe

Fixan para o 1 de xuño o comezo do xuízo polo asasinato de Yoel Quispe

O suposto autor material da puñalada fará fronte ao cargo de asasinato, outro acusado como cooperador necesario, e un terceiro como encubridor

"Non busquei outra cousa: xustiza", a nai de Yoel Quispe, satisfeita co procesamento dos acusados

G24.gal 25/02/2026 11:55

O xuízo polo apuñalamento mortal de Yoel Quispe, na Noiteboa de 2023 na Coruña, celebrarase do 1 ao 19 de xuño na sección segunda da Audiencia Provincial desta da capital herculina, segundo confirmaron a Europa Press fontes xudiciais.

O Xulgado de Instrución número 1 da Coruña decretou a apertura de xuízo oral por asasinato para os tres acusados pola morte de Yoel Quispe, fronte á postura da Fiscalía, que tan só facía unha petición de 14 anos de prisión por homicidio para o único mozo que está no cárcere e de sobresemento da causa para outros dous.

A familia, desde o inicio, defendeu que os tres debían ser xulgados por asasinato.

En relación ao seu grao de implicación, o avogado da familia de Yoel Quispe, Adrián Borrajo, considera autor material do asasinato ao mozo que está en prisión e cooperador necesario ao que, segundo esta parte, "levaba a navalla e facilítalla" ao anterior, con implicación tamén dun terceiro.

Así o recolle tamén o auto que sitúa ao presunto autor da puñalada mortal como autor de asasinato; ao segundo como cooperador necesario dun delito de asasinato e ao terceiro como encubridor deste mesmo delito, o que supón unha variación das penas, de ata 25 anos de prisión para os dous primeiros, segundo o letrado, e de tres anos para o terceiro.

A postura das defensas no procedemento foi, mentres, reclamar o sobresemento. Finalmente, no auto, a titular do xulgado de instrución acordou decretar a apertura de xuízo oral, con Tribunal do Xurado, por asasinato, como expuña a familia, e non por homicidio, como solicitaba o Ministerio Público para un deles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade