A policía abate un home que acoitelou a varias persoas no metro de Nova York
Descártase polo momento a motivación terrorista
O agresor, que portaba un machete, ignorou as ordes de soltar a arma e abalanzouse sobre os axentes, que entón abriron fogo
As tres persoas acoiteladas foron trasladadas a un hospital, onde se espera que sobrevivan
Imaxe de arquivo dun dispositivo policial en Nova York
A policía de Nova York abateu este sábado a tiros a unha persoa que apuñalara polo menos a tres persoas na estación Grand Central do metro, informou a cadea CNN.
Segundo un funcionario municipal citado por ese medio, o agresor, que portaba un machete, ignorou as ordes de soltar a arma e abalanzouse sobre os axentes, que entón abriron fogo.
O home morreu por mor das feridas e as tres persoas acoiteladas foron trasladadas a un hospital, onde se espera que sobrevivan.
O incidente ocorreu ao redor da 9.50 hora local nunha plataforma do metro de Gran Central, unha das estacións máis grandes e concorridas da cidade, en pleno Manhattan.
A policía segue investigando os feitos aínda que, segundo a CNN, non ten indicios que apunten a un atentado terrorista.