Irán interrompe as negociacións cos EUA tras as ameazas de Trump
A delegación iraniana abandonou a sede de negociacións tras unha reunión co intermediario qatarí
Encontro en Suíza entre os representates dos EUA, Irán, Paquistán e Qatar. (Fabrice Coffrini/Pool vía REUTERS)
Irán interrompeu este domingo as conversacións con Estados Unidos na Suíza tras as novas ameazas lanzadas polo presidente estadounidense Donald Trump contra a República Islámica, informou a axencia IRNA.
“A delegación da República Islámica de Irán abandonou o lugar das negociacións” reportou o medio oficial do Gobierno iraniano explicando que a decisión responde as ameazas de Trump no medio das negociacións que mantiñan as partes este domingo en Bürgenstock (Suíza).
De acordo con IRNA a delegación iraniana interrompeu as conversacións cos EUA que se realizaban con mediación de Catar e Paquistán e abandonaron a sede de negociacións tras unha reunión co intermediario qatarí.
O mandatario estadounidense advertiu este domingo a Irán de que se non impide a actuación do seu aliado libanés Hizbulá Estados Unidos reactivaría os ataques “con moita forza” contra Irán.
Ademais nunha entrevista con Fox News Trump advertiu a Teherán sobre o peche do estreito de Ormuz afirmando que se iso ocorre “xa non terían país e mesmo nin sequera poderían regresar ao seu” nunha aparente referencia ao equipo negociador iraniano.
O presidente do Parlamento e xefe do equipo negociador de Irán, Mohamad Baqer Qalibaf, restou importancia ás ameazas e asegurou que as Forzas Armadas de Irán están preparadas para responder a calquera acción de Washington.
As negociacións entre Irán e Estados Unidos comezaron esta mañá con reunións separadas cos países mediadores e posteriormente un encontro multilateral centradas na aplicación do memorando de entendemento asinado o mércores pasado especialmente no relativo ao fin da guerra en todas as frontes incluído o Líbano como esixe Teherán. O vicepresidente estadounidense JD Vance que encabeza a delegación do seu país informara antes das ameazas de Trump de “grandes avances” nas conversacións.