Cargando resultados...
Rueda recibe ao Xeneral Xefe da Garda Civil en Galicia
Miguel Ángel González Arias deixou o seu posto con motivo do seu pase á reserva
O presidente da Xunta destaca o seu compromiso coa seguridade cidadá
G24.gal
21/06/2026 13:21
Última actualización 21/06/2026 13:26
O presidente da Xunta recibiu o Xeneral Xefe da Garda Civil en Galicia, Miguel Ángel González Arias, que deixou o seu posto de traballo para pasar á reserva. No acto Alfonso Rueda estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Diego Calvo.
Rueda agradeceulle a González Arias os anos de servizo e o seu compromiso coa seguridade cidadá e o servizo público.