Cargando resultados...
O Estrela Cortegada ascende á máxima categoría do fútbol sala feminino
O equipo galego gañou nos dous partidos da final polo ascenso diante do Linyola (1-4 e 7-4)
G24.gal
21/06/2026 14:56
O Estrela Cortegada acadou o ascenso á primeira división feminina de fútbol sala.
O conxunto ourensán, que xa gañara na ida por un a catro, confirmou o ascenso ante o Linyola catalán. Na volta volveu vencer, neste caso por sete goles a catro, certificando así o ascenso á máxima categoría.
O conxunto de Cortegada únese na primeira categoría co Poio Pescamar, o Ourense Ontime e o Castro Bloques Cando.