O Poio Pescamar perde nos penaltis co Futsi e queda fóra da loita polo título
As madrileñas volveron levar a quenda como no primeiro partido da semifinal e pelexarán pola Liga co Melilla
Rematou a temporada para o Poio Pescamar tras caer no segundo partido do play off de semifinais ante o Futsi. Marcaron primeiro as madrileñas, Laura Córdoba aproveitou o pase da súa irmá Irene para poñer o 0-1 co que se chegou o descanso. Empatou Ale de Paz, no 26, un golazo da xogadora nedesa. Recupera case no medio do campo, marcha das que lle saen o paso e marca.
Houbo ocasións para os dous pero o marcador non se moveu ata o final, Chuli estrelou o balón no pau e nesa contra Irene Córdoba facía o segundo do Futsi, minuto 38. Nada máis sacar de centro Carolina Bravo volveu poñer as táboas.
Así rematou o tempo regulamentario e tamén o engadido e o partido decidiuse nos penaltis. E, ao igual que no primeiro partido do play off, faltou acerto nas galegas, que erraron dous lanzamentos. Non fallou o Futsi, que loitará polo título contra o Melilla