Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Román lesiónase no xeonllo dereito

Miguel Román lesiónase no xeonllo dereito

O xogador do Celta está pendente de facer as probas para saber alcance da lesión e tempo de recuperación

Á lesión de Román sumouse a de Sebastián Cáceres durante a concentración da selección uruguaia

Foto Europa Press Foto Europa Press
G24.gal 29/09/2026 16:23 Última actualización 29/09/2026 16:31

Segundo informou o Celta, o futbolista canteirán sufriu unha "aguda dor" tras un golpeo de balón que o obrigou a retirarse do adestramento. O parte de enfermería difundido polo club limítase a sinalar polo momento que se trata dunha "lesión no xeonllo dereito", sen especificar de que tipo de lesión trátase e cal é a súa gravidade.

Para deteminalo con precisión, Román será sometido nas próximas horas a unha resonancia magnética.  

Miguel Román incorporouse a tempada pasada ao primeiro equipo desde o filial e converteuse rapidamente nunha peza indispensable para Giráldez, quen o perdeu na recta final do curso por unha lesión nun pé da que tivo que ser operado.

Aínda por riba, á lesión de Román sumouse a de Sebastián Cáceres durante a concentración da selección uruguaia. O defensa central do Celta non participou no amigable que o combinado charrúa disputou contra Corea do Sur debido a "problemas físicos" que a federación uruguaia non detalla. Á espera de coñecer o tipo e o alcance da lesión, o futbolista está a viaxar a tal hora de regreso a Vigo para ser tratado polos servizos médicos do Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar