ÚLTIMA HORA
Dous fortes tremores de terra, un deles de 7,5, sacoden Venezuela
O epicentro situouse a uns 300 quilómetros ao leste de Caracas, a capital do país, concretamente no municipio de Montalbán, no estado Carabobo, na rexión central do país
O ministro do Interior venezolano, Diosdado Cabello, confirma que varias edificacacións se viñeron abaixo en Caracas

Dous fortes terremotos sacudiron esta madrugada o Caribe venezolano con apenas 39 segudos de diferenza.
O principal, cunha magnitude de 7,5, segundo o sistema oficial de alerta de tsunamis dos EEUU.
O epicentro situouse a uns 300 quilómetros ao leste de Caracas, a capital do país, concretamente no municipio de Montalbán, no estado Carabobo, na rexión central do país.
O ministro do Interior venezolano, Diosdado Cabello, confirma que varias edificacacións se viron abaixo en Caracas. As autoridades venezonalas pídenlle á cidadanía que saia das vivendas por medo a novos derrubamentos. Numerosos habitantes da capital saíron ás rúas mentres os equipos de rescate tratan de buscar feridos entre os cascallos. Nas redes sociais tamén se están reportando imaxes dos danos causados polos tremores. A líder opositora venezolana María Corina Machado expresou, a través da rede social X, a súa solidariedade cos afectados.
