Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso aproba a lei pactada por PSOE, Sumar e BNG para transferir a AP-9 á Xunta de Galicia

O Congreso aproba a lei pactada por PSOE, Sumar e BNG para transferir a AP-9 á Xunta de Galicia

O PSOE e os seus socios rexeitan no Congreso o intento do PP por recuperar o "espírito" da lei da AP-9

A Xunta subliña que "por suposto" quere o traspaso da AP-9 pero que non pode "asumir unha carga de 4.000 millóns"

Rueda insiste en que o traspaso da AP-9 sen financiamento é "inaceptable" e espera emendas no Senado

G24.gal 24/06/2026 23:05

O Congreso dos Deputados aproba a transferencia da AP-9 a Galicia. Un feito histórico para PSOE, Sumar e BNG. O Partido Popular votou en contra. Os populares lamentan que se desvirtúe o "espírito" da norma que se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia.

Agora continuará a súa tramitación parlamentaria ata que o traspaso poida ser negociado nunha comisión bilateral entre a Xunta e o Goberno central. 

 O PSOE, Sumar e o resto de socios parlamentarios rexeitaron no pleno as emendas expostas polo PP á lei para transferir a AP-9 á Xunta de Galicia coa que os 'populares' pretendían recuperar o "espírito" da norma que saíu do Parlamento de Galicia.

E é que a orixe da lei xorde da cámara galega, aínda que se desbloqueou hai unhas semanas grazas ao acordo entre o PSOE, BNG e Sumar para incluír non só a xestión senón tamén a titularidade da vía á Xunta de Galicia.

O novo texto que xurdiu tras o acordo deu pé a unha proposición de lei orgánica e tanto o PP nacional como a Xunta de Galicia presidida por Alfonso Rueda expresaron xa o seu rexeitamento frontal a esta nova lei.

É máis, a Xunta de Galicia mesmo remitiu unha carta ao Ministerio de Transportes para pedir ao titular deste departamento, Óscar Puente, a volta ao que o Goberno galego denomina "a proposta inicial" de transferencia da autoestrada AP-9 a Galicia.

Con todo isto, o PP intentou recuperar a "proposta inicial" de transferencia da AP-9 a Galicia a través dunhas emendas que se votaron e debatiron este xoves no Pleno do Congreso, aínda que foron rexeitadas pola maioría que conforman o PSOE, Sumar e o resto dos socios parlamentarios do Congreso.

No entanto, o deputado do PP Pedro Puy xa adiantou que os 'populares' utilizarán a súa maioría absoluta no Senado para recuperar "o espírito" e a "letra do texto orixinal" desta lei da AP-9 durante a súa tramitación na Cámara Alta.

A Xunta subliña que "por suposto" quere o traspaso, pero que non pode "asumir unha carga de 4.000 millóns"

 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este xoves en que o acordo para a transferencia da AP-9 aprobado no Congreso é "inaceptable" porque non implica financiamento e vai en sentido contrario ao pactado polos partidos no Parlamento galego, á vez que avanzou que o PP tratará de emendar o texto da lei no Senado.

En declaracións aos medios tras asistir á toma de posesión da reitora a UVigo, o presidente galego cualificou como "sorprendente" que "os mesmos partidos" que votaron por unanimidade o acordo na Cámara autonómica agora votan "todo o contrario"

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, subliña que "por suposto" que a Xunta quere a transferencia a Galicia da autoestrada AP-9, pero advirte de que non pode "asumir unha carga hipotecaria de 4.000 millóns".

En declaracións aos medios de comunicación coincidindo cun acto en Pontevedra, a conselleira lamentou "que tanto o BNG como o Partido Socialista desen un paso atrás nun asunto tan importante para Galicia como é a transferencia da AP-9".

"Porque o que hoxe se debate non ten nada que ver co que pedimos os galegos e foi aprobado por unanimidade no Parlamento", apostilou.

Neste sentido, reiterou que "o que hoxe se debate --por este xoves-- no Congreso dos Deputados supón unha carga económica para os galegos que non teñen que asumir".

"Estamos a falar de 4.000 millóns de euros que non corresponde asumir aos galegos senón ao Gobierno central, tal e como aprobamos no Parlamento por unanimidade", advertiu.

Allegue espera "que se recapacite" e apunta que a Xunta remitiu unha nova carta "para volver ao texto orixinal" esta mesma semana ao ministro de Transportes, Óscar Puente.

Tanto o BNG como Sumar e o PSOE sinalaron este xoves no pleno que será o Estado quen se faga cargo das consecuencias económicas da transferencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade