Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Non busquei outra cousa: xustiza", a nai de Yoel Quispe, satisfeita co procesamento dos acusados

"Non busquei outra cousa: xustiza", a nai de Yoel Quispe, satisfeita co procesamento dos acusados

O xuízo oral celebrarase no primeiro semestre do 2026

G24.gal 23/09/2025 14:36 Última actualización 23/09/2025 14:54

"Non busquei outra cousa: xustiza. É un alivio. A dor non ma van quitar, pero polo menos van ser xulgados por asasinato", di Maritza Gomessosa, nai de Yoel Quispe.

Maritza, acolle con alivio e satisfacción a noticia do procesamento por asasinato dos tres implicados na lea da madrugada do 24 de decembro de 2023: un como autor do crime, outro como cooperador e o terceiro como encubridor do delito de asasinato.

"Nós sempre dixemos que era un asasinato porque o xeito de causarlle a morte a Yoel foi cunha circunstancia agravante, que era esa aleivosía. E precisamente esa aleivosía, por fin, vén recollida nese auto de apertura de xuízo oral", explica Adrián Borrajo, o avogado da familia de Yoel Quispe.

Con todo, a familia insiste en que non todos os participantes na lea serán xulgados desta volta.

"O que temos probado é que, polo menos son estes tres e outros dous máis doutro grupo nunha única unidade de acto", engade Borrajo.

Esta causa por un delito de lesións contra outros dous mozos segue en fase de instrución. Está previsto que o xuízo oral contra os tres procesados por asasinato, que se vai celebrar con xurado popular, comece no primeiro semestre do 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade