Publicador de contidos

Publicador de contidos

O acusado polo crime de Yoel Quispe pide perdón

O acusado polo crime de Yoel Quispe pide perdón

Di estar arrepentido e avergoñado

A nai da vítima di que non o cre e pídelle que conte toda a verdade no xuízo

G24.gal 01/12/2025 14:34

O acusado do crime de Yoel Quispe, escribiu unha carta desde o cárcere de Teixeiro, o pasado 23 de outubro, onde confesa ser o autor do acoitelamento mortal. Di estar profundamente arrepentido e avergoñado polo delito cometido nunha noite en que consumira moito alcol e cocaína, e en que non sabía o que facía. E engade que non era consciente da gravidade das feridas. 

A nai de Yoel conta que non tivo forzas para lela e di que non o cre.

"Non puiden lela, porque me fai moito dano. Pero non creo o que di. Non creo non seu arrepentimento, É para facerme dano e para conseguir unha rebaixa da pena", explica Maritza Gomessosa, a nai de Yoel Quispe.

A Fiscalía pediu inicialmente unha pena de 14 anos de cadea para o investigado por un delito de homicidio. Porén a acusación particular sempre cualificou os feitos como un asasinato e eleva esa pena aos 25 anos de prisión.

"Se de verdade está arrepentido, que no xuízo conte toda a verdade: os que participaron na lea e onde está a arma", engade Maritza.

 "Con nós non vai chegar a ningún acordo. Queremos que se celebre o xuízo", manifesta Adrián Borrajo, o avogado da familia de Yoel Quispe.

Amais, na misiva, o acusado solicita un número de conta para comezar a pagar a responsabilidade civil.

"Maritza xa o dixo desde o principio. Isto non o fai por cartos. Faino por saber que lle pasou a Yoel aquela noite", di Borrajo.

O pasado mes de setembro, o xulgado decretou apertura de xuízo oral para tres mozos por asasinato, pola súa presunta vinculación cos feitos, en distinto grao. Está previsto que a vista se celebre no segundo semestre do 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade