Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un veciño de Porto do Son acusado de acoitelar o seu irmán

Deteñen un veciño de Porto do Son acusado de acoitelar o seu irmán

A agresión produciuse durante unha discusión na casa que comparten en Xuño

O acoitelado foi trasladado ao hospital con feridas graves

 

 

G24.gal 27/03/2026 14:30

Os feitos sucederon pouco antes das oito da tarde no interior dunha vivenda do lugar do Curro, en Xuño. Os seus habitantes, dous irmáns de 68 e 70 anos coñecidos na parroquia, mantiveron unha forte discusión, presuntamente baixo os efectos do alcol.

Nun momento dado, un deles espetou un coitelo no estómago do outro, que resultou ferido grave e tivo que ser trasladado en ambulancia ao Hospital do Barbanza. 

Esta mañá os axentes da Policía Científica inspeccionaban a casa na busca do coitelo e outras probas que axuden a esclarecer o sucedido.

O presunto agresor permanece detido nas dependencias da Garda Civil de Noia. Non está previsto que hoxe pase á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade