Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un afeccionado do Celta, ingresado en Lión tras ser acoitelado nunha pelexa entre ultras

Un afeccionado do Celta, ingresado en Lión tras ser acoitelado nunha pelexa entre ultras

Nun vídeo difundido a través das redes sociais, apréciase como o afeccionado do Celta, completamente vestido de negro, é rodeado por un grupo de afeccionados franceses antes de recibir unha puñalada no costado

G24.gal 20/03/2026 13:53

Un afeccionado do Celta tivo que ser ingresado nun hospital de Lión despois de ser apuñalado durante unha pelexa entre afeccionados de ambos os equipos á conclusión do encontro que onte á noite disputaron no Groupama Stadium.

Os incidentes producíronse no distrito de Guillotiére, informou este venres a prensa francesa. Os afeccionados galegos, segundo o medio actuLyon, xa protagonizaran varios incidentes antes da pelexa cos seareiros locais na praza Gabriel-Pér.

Nun vídeo difundido a través das redes sociais, apréciase como o afeccionado do Celta, completamente vestido de negro, é rodeado por un grupo de afeccionados franceses antes de recibir unha puñalada no costado.

O choque de volta dos oitavos de final fora declarado de alto risco despois dos incidentes que protagonizaron os afeccionados ultras de ambos os equipos en Vigo, onde varios franceses tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade