Un comisario denuncia ao ex número dous da policía por coaccións e abuso de autoridade
O denunciante di que o trasladaron de maneira forzosa
A acusación coñécese unha semana despois da dimisión de José Ángel González, por supostamente agredir sexualmente a unha suboordinada
Imaxes do ex director adxunto da Policía, José Ángel González
Un comisario da Policía Nacional presentou este martes unha denuncia na Garda Civil contra o ex director adxunto da Policía (DAO), José Ángel González, "por abuso de autoridade, coaccións e delito contra a integridade moral".
O comisario formalizou esa denuncia na Comandancia da Garda Civil de Tres Cantos, en Madrid, segundo informaron a EFE fontes próximas ao funcionario. Na mesma, afirma que o ex xefe operativo da Policía Nacional o coacionou para que aceptase un destino. Os feitos terían ocorrido en outubro de 2024, cando o comisario denunciante foi cesado da súa responsabilidade e trasladado de maneira forzosa.
A denuncia presentouse unha semana despois da dimisión como DAO de José Ángel González tras facerse pública a querela presentada contra él por unha suboordinada, que o acusa de agredila sexualmente.
Esta semana abriuse o proceso para nomear á persoa que asuma a máxima responsabilidade operativa no corpo que provisionalmente ocupa a subdirectora de Recursos Humanos, Gemma Barroso.