Sheinbaum garante que o Mundial de México non está en risco pese á violencia
A capital de Jalisco, Guadalajara, epicentro dos últimos disturbios, é unha das tres sedes do certame
Vintetrés presos dun cárcere de Puerto Vallarta escaparon durante a vaga de violencia
Os turistas din que México se converteu nunha "zona de guerra"
Guadalaxara é unha das tres cidades méxicanas onde se xogarán partidos do mundial que comeza en menos de catro meses. É tamén a capital de Jalisco, o estado que viviu os peores disturbios tras a caída do Mencho, o narcotráficante máis buscado do mundo.
O Goberno garantía este martes que a vaga de violencia non afectará ao certame deportivo. "Todas as garantías", asegurou a presidenta Claudia Sheinbaum, "ningún risco".
Os disturbios vividos en localidades como Puerto Vallarta ameazan tamén a industria turística mexicana. A despregadura militar é alí especialmente intensa. Hoxe sóubose que os narcos asaltaron un cárcere próximo á cidade do que fuxiron unha vintena de presos. Témese ademais que o descabezamento do cártel abra unha loita interna polo novo liderado.
Nas últimas horas, coñecemos novos detalles dos enfrontamentos que acabaron coa morte do Mencho. Un sopro dos Estados Unidos alertou da presenza do narco nun complexo turístico: ao día seguinte, morría con outros 34 dos seus homes a mans do exército mexicano.